"Aquí, como en el acto religioso, en el amor, en la acción moral y en el conocimiento, me trasciendo a mí mismo y en ninguna otra actividad logro ser más yo" (C.S. Lewis)




"...con la sensibilidad de quien no tiene piel y lo siente todo, pero aguanta el golpe para contarlo." (Manuel Rivas, Las voces bajas)






viernes, 14 de mayo de 2010

Feliz semana de las Letras Gallegas



Todos precisamos dunha patria á que regresar
cando a vida pesa demasiado.

Un espazo propio, íntimo,
onde cada recuncho nos coñeza, e garde
algún refugallo dos soños esquecidos.

Hai unha praia branca,
no norte,
á que vai o vento a descansar.

Hai unha duna suave,
no oeste,
onde as buguinas dormen
e as estrelas de mar se espreguizan.

Cando descubras que rompeu a miña alma,
que xa non puiden máis,
búscame alí, entre as areas.
No resplandor fugaz dalgunha cuncha
deixareiche o recordo dos meus ollos.
Para que sempre me sintas ao teu lado.
Para que nunca te asolague a soidade.

6 comentarios:

  1. Hay un lugares onde as mehigas xuntan camiños de terra e auga...

    Vaya si somos da misma Terra..!

    ResponderEliminar
  2. Hai un lugar no fondo da terra, no comezo dos mares, onde areas loiras e augas azuis agardan a dous amigos loiros e de ollos azuis que sempre estarán xuntos...

    ResponderEliminar
  3. Compartindo area, mar, sal e vento. Sempre, sempre xuntos

    ResponderEliminar
  4. a foto, uma passada
    o meu galego, desastroso
    a tua patria (matria?), uma terra paradisiaca
    e tu, um regalo dos dioses

    bicos
    trb

    ResponderEliminar
  5. É a miña praia...a praia de Soesto, ao outro lado da de Laxe (xa che dixen que é unha península, nonsí?)
    Gústame o teu galego e gústame que o fales...
    Ti tamén és un regalo.
    Bicos

    ResponderEliminar